- Así mesmo, superando os límites do ensino meramente académico, promove actividades culturais, propostas de educación na fe, celebracións relixiosas, actividades de tempo libre… favorecendo un ambiente educativo e evanxelizador, rico de relacións e experiencias de grupo.
- Conta con espazos e recursos materiais e humáns para o bon desenvolvemento da súa actividade.
- Importa a presenza e acompañamento dos alumnos e familias, xuntos podemos facer posible a educación dos rapaces e rapazas.
Propuesta educativa
”Promovemos a educación integral dos/das alumnos/as de acordo cunha concepción cristiá da persoa, da vida e do mundo
A Comunidade Educativa do Centro, pretende que o alumnado sexa o centro da vida escolar e que a súa preparación intelectual, afectiva e moral sirva para facilitar o seu pleno desenvolvemento persoal e social.
A acción titorial é unha das nosas claves. Cunha forte dispoñibilidade do profesorado para a súa atención. Unha oferta formativa e participativa ás familias (Plan Director, Obradoiros do Concello, encontros da ANPA e pais do Consello Escolar, Escolas de Pais, festas e celebracións) O colexio sempre está aberto ás familias para que poidan participar da vida do centro.
Estímase primordial unha boa conexión e comunicación coas familias.
Valoramos o protagonismo do alumnado na vida do centro.
Queremos responder ás necesidades educativas e humanas das familias e alumnos que conforman o noso Centro, dando respostas aos retos tecnolóxicos e ás necesidades sociais axudando á conciliación da vida familiar e laboral. Para tal fin temos un servizo de atención temperá (dende as 7:30), comedor con cociña propia e asistencia de educadores no tempo da comida e tempo libre e unha ampla selección de actividades extraescolares de boa calidade.
Os nosos alumnos cando rematan a etapa de escolaridade en 4º da ESO están ben preparados académicamente, socialmente e para a vida. Grazas a pertencer á Fundación Nites unha vez finalizada dita etapa obligatoria poden optar por facer algún ciclo de FP o Bacharelato no centro diocesano San Lorenzo, polo tanto a continuidade educativa poder ir dende os 3 anos ata os 18.