O PLANETARIO VISITA Ó NOSO COLE
Nas clases de 6º de Educación Infantil estabamos a investigar sobre o Sistema Solar e, posto que o planetario máis próximo quedaba lonxe demáis, decidimos traer un planetario até o colexio.
Así foi como apareceu na nosa sala de psicomotricidade un gran iglú inchable co universo debuxado no seu exterior. Velo alí, xa foi moi emocionante e entrar nel, toda unha aventura xa que debiamos facelo un por un a través dunha pequena abertura.
Dentro puidemos asistir á proxección dunha película que nos axudou a comprender mellor os contidos que estudamos: a causa de que teñamos día e noite, porqué vemos cada noite a lúa cunha forma diferente, ou a mellor maneira de contemplar as estrelas entre moitas outras cousas. Tamén gozamos coas bonitas imaxes, a sensibilidade e curiosidade científica dos seus protagonistas e cos seus marchosas cancións. Ademais, a responsable do planetario, Teresa,
respondeu con moita amabilidade ás nosas preguntas ao terminar a proxección.
A visita do planetario foi o broche de ouro ao noso proxecto sobre o Sistema Solar.
Viaxamos ao espazo sen saír do colexio!