O COLEXIO MARÍA AUXILIADORA é un centro privado concertado, recoñecido legalmente nos niveis de Educación Infantil, Primaria, Educación Secundaria Obligatoria e Educación Especial.
Dita ensinanza vese completada ademais coa atención ás necesidades educativas especiais en tódalas etapas, a través da aula de educación especial, aula de pedagoxía terapéutica, audición e linguaxe, apoios e reforzos educativos, e PROA+.
Historia
O labor do Departamento de Orientación, que non só atende aos nenos con dificultades, senón tamén as súas familias e o asesoramento e traballo coordinado con todo o equipo docente, para facer realidade a integración entre estes alumnos e as súas aulas de referencia.
O Plan de acción titorial, que ofrece diversas actuacións, entre as que destacamos: a escola de pais, as técnicas de estudo e o plan de orientación vocacional personalizado cos alumnos de 3º e 4º de ESO.