INTERCAMBIO DE NADALIÑAS CO COLEXIO MARÍA INMACULADA DE SILLEDA
Achegándose o tempo de Nadal, as clases de 6º de Educación Infantil recibimos con moita ledicia a proposta do Departamento de dinamización lingüística: e se facedes e escribides nadaliñas a nenos e nenas doutro cole? O colexio escollido para o intercambio foi o Colexio María Inmaculada de Silleda, pertencente á Diocese de Lugo, coma o noso.
Na clase, coñecemos exemplos das imaxes e textos que acompañan ás postais de Nadal e despois…mans á obra! Primeiro recibimos o nome do neno ou nena a quen enviariamos a nosa nadaliña. A seguir, pensamos o debuxo que faríamos e xa rematado, escollemos o texto que escribiriamos nela. Por último, decoramos o sobre e enviámolas con moita ilusión.
O mellor aínda estaba por vir cando días máis tarde, chegaron as respostas! Foi moi emocionante recibir as postais de Nadal feitas polos nosos compañeiros de lonxe. Todas as nadaliñas eran diferentes, orixinais, dirixidas a cada un de nós e cun mensaxe propio destas festas: Bo Nadal!
Foi unha experiencia moi valiosa para practicar a comunicación e a linguaxe escrita desenvolver a nosa creatividades e establecer vínculos con nenos e nenas da nosa idade.